Os Sendeiros de Foz instalarán o seu belén de cumes o 19 de decembro na Frouxeira. Para participar é preciso inscribirse.

A asociación Os Sendeiros de Foz colocará o seu tradicional Belén de Cumes o vindeiro domingo, 19 de decembro, na Frouxeira.

A saída será ás 16:00 horas, de Foz, diante de Belianorte. O desprazamento farase en coche ata a base de A Frouxeira, en Santa Cilla, e desde alí subirase camiñando ata a cima onde quedará instalado o belén durante todas as festas.

As persoas interesadas en participar deberán anotarse ata o venres 17 de decembro nos teléfonos: 606 718 482 e 670 369 017. A actividade é gratuíta.

A organización recomenda aos participantes levar figuriñas para facer o belén de maiores dimensións.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.