Os Sendeiros de Foz organiza unha andaina de verán a carón do río Ouro, en Fazouro. Será o 6 de agosto.

A Asociación Os Sendeiros de Foz, coa colaboración do Concello focego, organiza o vindeiro sábado, 6 de agosto, unha andaina de verán, que  será unha variante da ruta do río Ouro, en Fazouro.

A saída será as 9:00h na área recreativa da Ponte de Ferro en Fazouro. A ruta é de dificultade media e recomendase levar equipo de sendeirismo.

Terá un prezo de 4€ para os non federados e gratis para os federados. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo chamando aos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou mandando un correo a ossendeiros@yahoo.es, teñen de prazo ata o venres, 5 de agosto.