Os Sendeiros de Foz organizan a 11ª Marcha Nocturna polas rúas e praias do concello o 14 de agosto.

A asociación Os Sendeiros de Foz, coa colaboración do Concello, organizará o domingo, 14 de agosto, a 11ª marcha nocturna.

Comezará ás 22:30 horas na praza do concello e será polas rúas de Foz ata coller o paseo das praias en Llas chegando así de volta a Foz. A ruta será por zoa escura, polo que se deberá levar lanterna ou farol.

O prezo será 4 euros para os non federados, con seguro de accidentes obrigatorio. Os interesados en anotarse poderán facelo nos teléfonos 606718482 - Laura, 670369017 - Morís ou no mail ossendeiros@yahoo.es, tendo de prazo ata o 12 de agosto.