Os Sendeiros de Foz organizan o 29 de abril unha ruta polo parque de Redes en Asturias. A inscrición está aberta.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 29 de abril unha ruta polo parque de Redes en Asturias.

A saída será ás 6:45 horas do Concello.

O prezo é de 30 euros para os socios federados, 35€ para os socios non federados e 40 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse, ata o mércores 25 de abril, nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

Colabora o Concello de Foz.