Os Sendeiros de Foz organizan a Ruta das Igrexas, que terá lugar o 14 de agosto.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza outro dos andareiros de verán, este sábado, 14 de agosto, pola Ruta dos Nazarenos na localidade focega.

A saída será, ás 9:00 horas, diante do Concello.

As persoas interesadas en participar poden anotarse antes do venres 13 de agosto, nos teléfonos 606 718 482  e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos serán de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade baixo e unha lonxitude de 13´5 quilómetros. Ademais seguiranse os protocolos anticovid non compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña a distancia mínima de seguridade.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.