Os Sendeiros de Foz organizan un andareiro ao Pico do Pousadoiro e á Fervenza do Cioyo, en Tapia de Casariego. Será o 16 de decembro.

Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta para este domingo, 16 de decembro, ao teito do concello de Tapia, ao pico Pousadoiro e á fervenza Cioyo.

A saída será ás 8:00 horas de Foz, no cruce da rúa Cervantes con Maestro Lugilde, e ás 8:30 horas de Ferreira. O último día para anotarse é o mércores 12. As inscricións poden facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, e no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.

O prezo é 22 euros para os socios federados, 26€ para os socios non federados e 31 euros para os non socios. Inclúe o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

Colabora o Concello de Foz.