Os Sendeiros, de Foz, organizan un andareiro pola ruta dos Nazarenos o 24 de agosto. A inscrición está aberta.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro pola ruta dos Nazarenos, en Foz, este sábado, 24 de agosto.

A saída será ás 9:00 horas da praza do Concello.

Para participar é obrigatorio anotarse e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017, ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prazo de inscrición remata o venres 23 de agosto. O prezo é de 3 euros para os non federados.

A ruta, cun nivel de dificultade medio, comeza en Foz, pasa polo Santo e Fazouro e volve rematar en Foz. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, auga e algo de comida.

O Concello de Foz colabora coa organización deste evento.