Os Sendeiros de Foz organizan unha andaina á Pena Abaladoira-Fervenza Escouridal o 28 de xaneiro. A inscrición está aberta.

O 28 de xaneiro terá lugar o primeiro andareiro do ano, organizado por Sendeiros de Foz. A ruta será por Pena Abaladoira - Fervenza Escouridal. 

Segundo os organizadores “trátase dunha ruta espectacular por terras de Alfoz, onde veremos unhas xoias que temos por estos lares moi pouco valoradas como a Fraga da Moradoira, a Pena Abaladoira, a Pena das Banzas, a Fervenza Escouridal, todo nas estribacións da Serra do Xistral”.  

A saída será o 28 xaneiro, domingo, ás 8:45h do Concello. O prezo para os socios federados será de 20 euros, para os socios non federados 25 euros e para os non socios 30 euros. Inclúe o xantar.

O derradeiro día para anotarse será o 24 de xaneiro. Pódese facer a través dos seguintes números de teléfono 676 561 594, Nelli – 670 369 017, Morís ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es