Os Sendeiros de Foz organizan unha andaina por Esteiro e Morás, en Xove, o 24 de febreiro. A inscrición está aberta.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha andaina por Esteiro e Morás, en Xove, o 24 de febreiro.

A saída será ás 8:00 horas do colexio do Pilar e ás 8:20 horas de Ferreira.

O prezo é 20 euros para os socios federados, 24 euros para os socios non federados e 29 euros para os non socios. Para asistir é obrigatorio anotarse e pode facerse ata o día 20 de febreiro nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 e no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel medio de dificultade.

Colabora con esta actividade o Concello de Foz.