Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao Castro de Fazouro e polas praias focenses o 18 de agosto.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta ao Castro de Fazouro e polas praias de Foz este sábado, 18 de agosto.

A saída será as 9:00 horas da praza de Galicia.

O prezo é de 3 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es O prazo de inscrición remata o venres 17 de agosto.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, comida e auga. A ruta ten un nivel de dificultade medio.

Colabora o Concello de Foz.