Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao miradoiro do Monte Comado, en Barreiros. Será o 28 de xullo.

Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao miradoiro de Comado, en Barreiros, o 28 de xullo.

A saída será ás 9:00 horas da praza de Galicia en Foz. 

O prezo é de 3 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 17, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo de inscrición remata o venres 27 de xullo.

A organización informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio, e recomenda aos participantes levar equipo de sendeirismo, auga e comida.

Colabora con esta actividade de Os Sendeiros o Concello de Foz.