Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao Pico da Lebre o 9 de xullo.

A asociación Os Sendeiros de Foz comeza os Andareiros de Verán o 9 de xullo cunha ruta ao Pico da Lebre, en Foz.

A saída será ás 9:00 horas diante do Concello.

As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 670 369 017 e  606 718 482 ou en ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 4€ para os non federados e a actividade é de balde para os federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.