Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta á Cornería. Será o 30 de xullo.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro de verán o sábado, 30 de xullo, ao banco da Cornería.

A saída será ás 9:00 horas da Capela do Carme en San Martiño.

As persoas interesadas poden anotarse nos números de teléfono 670 369 017 e 606 718 482 ou ossendeiros@yahoo.es

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.