Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta a Pena Trevinca, en Ourense. Será do 9 ao 11 de xuño.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta a Pena Trevinca, en Ourense, para os días 9, 10 e 11 de xuño.

Con esta ruta Os Sendeiros de Foz pon fin á celebración do vinte aniversario da asociación visitando o punto máis alto de Galicia.
A saída será o venres 9, ás 15:00 horas, e o regreso está previsto para o domingo 11. Os participantes durmirán no refuxio de montaña da federación e o domingo antes do regreso, visitarán a zona zamorana de Sanabria.

A organización informa de que hai que levar saco de durmir e bocata para a comida da ascensión a Pena Trevinca, o resto está incluído no prezo. O prazo para anotarse remata o día 7 de xuño e o pago ten que realizarse en conta bancaria. Os prezos son: 80 euros para os socios federados, 95€ para os socios non federados e 100 euros para os non socios. A inscrición pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 (Nelli) ou 670 369 017 (Morís).