Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta polo Caurel o 8 de maio. A inscrición está aberta.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta da liga de sendeirismo de Galicia que se celebrará, o 8 de maio, pola Devesa da Rogueira no Caurel.

A saída será ás 7:00 horas de Foz e ás 7:15 h. de Ferreira.

As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 3 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 43 euros para os socios federados, 47€ para os socios non federados e 51 euros para o socio temporal. Está incluído o bus e o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio-alto.

O Concello de Foz colabora coa organización desta actividade.