Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta por Somiedo (Asturias) o 20 de maio. A inscrición está aberta.

A asociación Sendeiros de Foz organiza unha ruta de irmanamento co grupo Rebollín de Salas que discorrerá por Somiedo en Asturias, o sábado 20 de maio.

A saída será ás 7:00 horas do Concello e o prazo para anotarse remata o día 17.

Os prezos para os socios federados é de 30 euros, 34€ para os socios non federados e 40 euros para os non socios. O ingreso debe facerse en conta bancaria.

É obrigatorio anotarse e pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a dificultade da ruta é media.

Este é o andareiro 122 que organiza Os sendeiros de Foz que conta coa colaboración do Concello de Foz.