Os Sendeiros de Foz participarán o 7 de abril no III Día do Sendeirista de Galicia que terá lugar no Xurés. A inscrición está aberta.

Os Sendeiros de Foz participará no III Día do Senderista de Galicia que se celebrará o 7 de abril na comarca do Xurés.

A saída será o sábado, 6 de abril, ás 16:00 horas, do Colexio do Pilar de Foz, e ás 16:20 h. de Ferreira.

O prezo é 65 euros para os socios federados e 80 euros para os non socios federados. Inclúe aloxamento en réxime de media pensión en habitación dobre.

Para asistir é obrigatorio anotarse ata martes 2 de abril. As inscricións poden facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel medio de dificultade.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.