Carne

Etiquetas:
17/08/2022

Na parroquia ribadense de Remourelle tivo lugar a presentación da XV Festa da Carne ao Caldeiro, que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de agosto. O evento está organizado pola asociación de veciños A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22.

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, subliñou que “dende o Concello colaboramos con esta asociación de veciños de Remourelle e aninamos a gozar deste día en torno a un prato tan recoñecido da nosa gastronomía. A xornada  ademais contará conmúsica e deporte tradicionais como o torneo de bolos”.

Desde a asociación A Madanela explicaron que “apostamos pola tenreira galega de calidade con Indicación Xeográfica Protexida, criada nos nosos propios prados, e queremos continuar a promovela. Ao mesmo tempo, o Dúo Estrellas acompañará a...

leer más
Etiquetas:
28/04/2016
En Cervo a praza do Souto acollerá a X Exaltación da Carne de Porco e Segunda Foliada o vindeiro 7 de maio.
 
As asociacións culturais Fervenza de Sargadelos e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo, programan para o 7 de maio, sábado, un conxunto de actividades gastronómicas e musicais ao longo de todo o día. A concelleira de Cultura, Dolores García; o presidente de Airiños do Xunco, Rafa Blas; o de Fervenza de Sargadelos, Xosé Fernández; e outros membros destas entidades deron a coñecer hoxe o cartel e o programa da décima Festa Exaltación da Carne de Porco e segunda Foliada, que se celebrará na praza do Souto de Cervo.
 
As actividades comezarán ás 12 do mediodía cunha master class infantil de pandeireta e canto e ás 13 horas empezará a sesión vermú. De forma paralela nos bares e restaurantes participantes poderanse...
leer más