A Panadaría representa o 17 de febreiro no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, "Elisa e Marcela". Trátase dunha comedia que narra unha historia de amor a contratempo.

A Panadaría presenta a comedia teatral Elisa e Marcela que porá en escena este sábado 17 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A historia conta como no ano 1901 en A Coruña, dúas mulleres, unha delas vestida de home, casan na Igrexa de San Xurxo. A obra é unha sucesión de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

O elenco artístico está formado por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, baixo a dirección de Gena Baamonde.