Para conmemorar o día do teatro o Concello de Foz organiza a representación da obra "O porco de pé", de Produccións Teatrais Excéntricas. Será o 23 de marzo.

Para conmemorar o Día Internacional do Teatro a Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza a representación da obra O porco de pé a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. Será mañá, xoves, ás 20:30 horas na Sala Bahía.

É unha obra escrita por Vicente Risco, dirixida por Quico Cadaval e o elenco está formado por tres coñecidos actores: Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

É unha obra para adultos e o prezo da entrada é de 5 euros.