Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta á Fervenza de Toques o 11 de xaneiro. A inscrición está aberta.

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta pola Fervenza de Toques para este sábado, 11 de xaneiro.

A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves, día 9, ás 14:00 horas.

O prezo é 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe autobús, comida e seguro.

A ruta ten unha distancia de 12 quilómetros e un nivel de dificultade baixo.