Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta á Fervenza do Belelle, en Neda, o 9 de abril.

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta pola Fervenza do Belelle, en Neda, o 9 de abril.

A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.

As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 7 de abril en Gráficas Arfe ou nos números de teléfono 982 580 504 e 657 821 194. O prezo para os socios é de 25 euros e 30€ para os non socios. Inclúe o autobús, a comida e o seguro.

A ruta ten unha lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade baixa. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.