Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta pola Fontaneira, en Baleira, o 6 de novembro.

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza o vindeiro domingo, 6 de novembro, a ruta pola Fontaneira, en Baleira. Segundo explican “trátase dunha ruta moi bonita e asequible para todo o mundo. Esperamos contar contigo”.

Son 11 quilómetros a través dun treito de dificultade media. O prezo para os socios será de 25 euros e para os non socios de 30 euros. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben nos teléfonos: 982 580 504 e 657 82 11 94 antes do 3 de novembro.