Pepe Peinó presentará a súa novela curta "A Solo no le gustaba su nombre" o 13 de marzo en Foz.

A editorial La Equilibrista de Barcelona vén de publicar a novela curta de Pepe Peinó titulada "A Solo no le gustaba su nombre". Haberá unha primeira presentación deste libro o vindeiro venres, 13 de marzo, na cafetería-confitería Xoyma, de Foz, ás 20,30 horas. Xunto a Pepe Peinó estarán o profesor e lingüista Bernardo Penabade e a cantante Almudena Cuadrado. O acto é libre para todo o público. 

O autor explica que “a novela fala sobre a soidade. Case 7.000 millóns de habitantes no noso planeta, cada vez máis xuntos no espazo e con frecuencia cada vez máis separados. Cantas foron as veces en que nos sentimos sós somerxidos entre multitudes? E, a pesar de todo, canto nos custa recoñecer a nosa soidade! Canto nos custa chamar ás cousas polo seu nome! Trátase da miña primeira novela publicada en castelán. Unha breve historia de soidades e de multitudes, de triunfos e de anonimatos, de auga, moita auga, e de amores, épocas e lembranzas. A historia de "Solo" en 62 páxinas, un breve relato para resumir toda unha vida. Porque agora, e supoño que sempre, substituímos con eufemismos a palabra soidade para non ter que enfrontarnos a ela”.