A piscina olímpica municial de Lieiro, en Cervo, acollerá un bautismo de mergullo o 30 de marzo. A inscrición está aberta.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.

A actividade será o sábado 30 de marzo entre as 10:30 e as 13:30 horas.

A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.

Desde o Concello recordan “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”

Os interesados poden anotarse na propia piscina ou chamando ao teléfono 609.42.32.10.