A praia de Esteiro, en Xove, será escenario o 23 de xuño do Sanxan Festival, que organiza o Esteiro Surf Café coa colaboración do Concello e da Escola Galega de Surf.

SANXAN Festival é un novo proxecto musical gratuíto na Praia de Esteiro en Xove para a noite do San Xoan, do 23 ao 24 de xuño, organizado por Esteiro Surf Café, coa colaboración do Concello de Xove e a Escola Galega de Surf, amén doutros colaboradores privados.

O Festival contará con artistas locais, nacionais e internacionais:  DJ Set Apertura, Labrax, Basanta, Bart Davenport y Dj Lagartija.

En formato de Tarde/Noite, comezará ás  19:30 horas e rematará sobre a  01:00 da madrugada. Xunto coa música, haberá tamén as tradicionais fogatas e gastronomía para os que van co estómago baleiro.
A Praia de Esteiro, recoñecida xa polo deporte do surf e a calidade das súas ola, contando neste sentido cun campionato nacional, aumenta deste xeito a súa oferta cun evento musical que reforzará deste xeito a oferta turística do Concello.