A prestixiosa cociñeira italiana María Antonietta Santoro visitará A Mariña para impartir cursos de cociña do seu país no IES de Foz. Será do 3 ao 10 de marzo.

Do 3 ao 10 de marzo Maria Antonietta Santoro, cociñeira do restaurante Il Becco della Civetta, situado en Castelmezzano, na rexión de Basilicata (Italia) visitará A Mariña para impartir cursos de cociña típica do seu país no IES de Foz e aproveitará para coñecer a comarca e o tecido empresarial da zona ligado á hostalería.
 
Os responsables do IES de Foz explican que “esta visita está enmarcada dentro do Programa Erasmus+ KA102, financiado pola Unión Europea e que este ano conta como novidade coa posibilidade de traer a empresarios doutros países da comunidade a impartir formación a centros do noso país. O IES de Foz participa por segundo ano consecutivo nunha mobilidade á rexión de Basilicata, tanto de alumnado como de profesorado,  froito da cal xurdiu esta colaboración. Maria Antonietta Santoro impartirá formación a alumnos do centro relacionada con elaboración de pasta e doces típicos italianos: Pastiere napolitana ou Mousse de ricotta, entre outros. O martes 6 de marzo o alumnado de 2º de Cociña elaborará unha carta italiana, cun menú proposto pola cociñeira italiana baseado nos seus pratos máis coñecidos, como Purea de fave e cicoria ou o prato que presentou na Expo de Milán: Strascinati Expo, ademais de Agnello con patate al forno. De sobremesa haberá unha Mousse de ricotta, elaborada polos alumnos de 2º de Dirección de Cociña.  O mércores pola tarde os profesionais da hostalería da Mariña poderán elaborar pratos típicos da rexión de Basilicata. E o xoves e o venres realizarase un curso de formación regrada para profesorado de Hostalería de oito horas de duración”. 
 
Ademais anuncian que “no  tempo libre están previstas visitas a empresas relacionados co sector da hostalería, que nutren ao noso centro de produto, e tamén a lugares como a lonxa de Burela ou o Museo da Faba  de Vilanova de Lourenzá. Aproveitará para coñecer a comarca e visitar Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro e Foz. Unha xornalista de La Repubblica realizará un seguimento de toda a viaxe para o seu medio, contando o aprendido. Toda esta viaxe está subvencionada polo programa Erasmus+”.
 
O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, especificou que “vamos a aprovechar la  estancia aquí de esta cocinera de un restaurante situado en la región de Basilicata, en Italia, dentro de un programa de intercambios de Erasmus+ para que imparta formación especializada a los alumnos del centro, a profesores  de las escuelas de Hostelería de la provincia de Lugo y también va a participar dentro de las actividades de formación que llevamos a cabo en colaboración con la Mancomunidade de Municipios de A Mariña. Además va a aprovechar para conocer la comarca, haciendo diferentes visitas. Ella llega el sábado desde Nápoles, a través de Madrid, a Santiago de Compostela, y el domingo lo dedicará a conocer Santiago de Compostela y Coruña. El lunes, en el tiempo que le quede libre, visitará diferentes instalaciones en Burela: el barco bonitero, una cetárea de mariscos y la lonja. Participará también ese día elaborando la comida del comedor escolar de nuestro centro. El martes elaborará un menú para la carta de degustación italiana, en colaboración con el segundo año del ciclo medio de Cocina y Gastronomía, y hará una visita guiada a Mondoñedo y a Lourenzá. El miércoles, día 7 de marzo, va a visitar Viveiro y la zona de O Vicedo y Ortigueira. Por la tarde impartirá un curso para alumnos del ciclo medio de cocina de adultos y para profesionales de hostelería de A Mariña en las instalaciones del centro”.
 
Nicolas Asensio engadiu: “el jueves conocerá diferentes lugares en la zona de Ribadeo, pues visitará la finca As Fadegas, el Centro de Cultivos Mariños y la playa de As Catedrais; posteriormente iremos a Castropol para ver un cultivo de ostras. Por la tarde estará en unas jornadas de formación para profesores de hostelería de la provincia. El viernes participará en unas jornadas de cocina de pescado que se llevan a cabo en el centro a lo largo de todo el curso, en colaboración con la Consellería del Mar, y además visitará Foz y San Martiño. Por la tarde continuarán las jornadas de formación para el profesorado. El sábado ya se dirigirá a Madrid”.
 
O director do IES de Foz tamén comentou que “este intercambio surge a raíz de las visitas previas del profesorado a centros de hostelería de la región de Basilicata, conociendo distintos establecimientos para que los alumnos puedan realizar prácticas; después se hizo el contacto y decidió visitarnos”.