A programación da Área de Cultura da Deputación de Lugo chega o 11 de abril a Ribadeo e ao Vicedo.

A narradora Antía Vázquez protagonizará unha sesión de contacontos, dirixida ao alumnado, na que recreará a historia da Apalpadora, unha personaxe do Nadal que este ano retrasou a súa chegada ata a primavera.

A actuación terá lugar no Parque de San Francisco, en Ribadeo, ou no Teatro en caso de mal tempo, ás 17:30 horas o vindeiro domingo, 11 de abril.

E grupo de teatro A Mariña representará a obra A maxia dos sentimentos. A actuación terá lugar tamén o vindeiro domingo, día 11, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo.

A obra céntrase na importancia de manifestar os sentimentos nas relacións cos demais.

Ambas citas inclúense nas actividades promovidas pola Área de Cultura da Deputación en colaboración con Concellos e asociacións.