Reabren as pistas de pádel do Concello de Cervo. Están situadas no Complexo Deportivo da Veiga, en San Ciprián. Poderanse utilizar de nove da mañá a nove da noite.

O Concello de Cervo reabre mañá as dúas pistas de pádel ubicadas no Complexo Deportivo da Veiga, en San Ciprián. 

As persoas interesadas neste servizo deben reservar pista na Casa do Concello, en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 horas). O persoal municipal realizará as xestións oportunas para o aluguer destas instalacións que se poderán utilizar de 9:00 a 21:00 horas, de luns a domingo.