Riotorto celebra o seu quinto festival coral este sábado, 25 de novembro

A Casa da Cultura de Riotorto acollerá a quinta edición do festival que organiza a coral da localidade este sábado, 25 de novembro, ás 19:30 horas.

Ademais da Coral de Riotorto actuarán o coro Airiños do Mar, de Barreiros, e a coral Areosa, de Narón.

Nesta actividade colaboran o Concello e asociación de amas de casa de Riotorto.