San Ciprián acollerá o 20 de xullo o Furancho Skate. A actividade comezará ás tres da tarde. Pola noite haberá entrega de agasallos e concertos.

Este sábado, 20 de xullo, no bowl municipal do Parque Reina Sofía, en San Ciprián, terá lugar o Furancho Skate

A actividade está organizada polo Club Limosa Surf, coa colaboración do Concello de Cervo, entre outras entidades patrocinadoras.

A actividade, con inscrición de balde, comezará ás 15:00 horas co quecemento dos skaters freeride, ás 17:00 horas iniciaranse as tandas dos skaters; que se prolongarán durante toda a tarde. A entrega de agasallos está prevista para as 22:30 horas, e a continuación haberá concertos na Praza dos Campos.

Teléfono para información e inscrición: 659 92 54 59