Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas fontes e polos regos de Riotorto. Será o 16 de maio.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas Fontes e os Regos de Riotorto, que terá lugar o 16 de maio.

A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 14 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para o socio non federado e 4€ para o socio temporal. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización informa que a ruta ten un lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade medio. Ademais recomenda levar equipo de sendeirismo, mascarilla e xantar. O desprazamento farase en coche.

Se o tempo o permite os participantes xantarán no remate da ruta e pola tarde farán a que non puideron levar a cabo o mes pasado, por mor das tormentas en A Pontenova.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.