A sétima carreira 1/2 km Vertical Monte Comado será o 16 de outubro en Reinante (Barreiros).

A sétima edición da carreira ½ Km Vertical Monte Comado disputarase o día 16 de outubro, sábado, a partir das 16:30 horas.

Este evento deportivo está organizado pola ACD Praias de Comado e conta coa colaboración da Peña Barcelonista San Miguel o Concello de Barreiros e a Agrupación de Protección Civil de Barreiros.

Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Sénior: Persoas nacidas dende 2006 a 1981, ambos anos incluídos.
-Veterana/o: Persoas nacidas en 1980 ou antes.

A saída será dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante) ás 16:30 horas. Haberá un camiño sinalizado para a volta ó lugar de saída. E a meta estará situada no cumio do Monte Comado, en Reinante (Barreiros). A distancia total é de 4.100 metros aproximadamente, salvando un desnivel de 490 metros.

A inscrición realizarase a través da páxina web da carreira: http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/. E tamén por medio da páxina de championchipnorte: ccnorte.com. O prazo está aberto ata o 12 de outubro de 2021 ás 23:59 horas.