Sons de Celeiro actuará o 8 de decembro na Casa da Cultura de San Ciprián. O seu repertorio inclúe un tema dedicado á lenda da Maruxaina.

A Delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 8 de decembro, a actuación do grupo Sons de Celeiro. Será no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas. Este evento é aberto ao público.

O grupo Sons de Celeiro presentaba este outono o seu traballo "Cantar ben ou non cantar". No seu repertorio inclúe un tema dedicado á lenda da Maruxaina.