Spaguetti Títeres presenta "Historias para unha man" o 23 de decembro en Burela. Entrada libre ata completar aforo.

A compañía Spaguetti Títeres presenta Historias para unha man, dentro do ciclo Monicreques, organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo e a Concellería de Cultura de Burela. 

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura este xoves, 23 de decembro, ás 18:00 horas. A obra está destinada a todos os públicos e a entrada é libre ata completar aforo.

Trátase dun espectáculo sen palabras, composto de catro pezas da vida cotiá: o soño, a pingueira, historias con frores e o impo, todas elas conducidas polas mans que poñen e quitan do escenario pois estas son a ialma dos títeres.