A taberna gastronómica Cornelius, de Viveiro, promociona o comercio local regalando unha compra de Nadal a un dos seus clientes.

A Taberna Gastronómica Cornelius, ubicada na Praciña da Herba de Viveiro, anuncia que regalará o importe dunha compra realizada este Nadal no comercio da Mariña Lucense por un dos seus clientes.

Con esta novedosa promoción trátase de fomentar as compras no comercio local. O seus clientes poden participar co ticket de calquera compra realizada nun comercio de A Mariña Lucense antes do 10 de xaneiro, depositándoo cos seus datos persoais no buzón da campaña situado dentro do local.

Despois desta data escollerase por sorteo un dos tickets e o premio será o importe desa mesma compra en metálico, establecendo un premio máximo de 300 euros no caso de que a compra fora superior a ese importe.

O título desta promoción é “Facendo Co-Mar-Ca”, defendendo así as compras de calidade dentro dos comercios locais da Mariña Lucense.