Teatro ó Cubo presenta o 18 de novembro en Viveiro "O Faiado". Trátase dun musical dirixido ao público infantil.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 18 de novembro, ás 18:00 horas, a representación de O Faiado.

O Teatro O Cubo presenta esta obra do xénero musical dirixida a un público infantil, maior de 3 anos. Ten unha duración de 40 minutos. 

A historia cóntanos como Vera, Roi e Anxo, tres irmáns con xeitos moi diferentes de ver o mundo, tras un acontecemento familiar que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo co cal terán que confrontar os seus idearios. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles conto una súa infancia.

Diversas disciplinas como a música, a danza, o circo e os monicreques, combínanse para desenvolver esta historia dirixida ao público familiar.

Baixo a dirección de José Luís Baños de Cos, o elenco artístico está formado por Sofía Espiñeira, Roberto Casal Mouriño e Alfredo Pérez Muíño.