A tenda focense Chuvia recolleu o premio ao Mellor comercio da túa vila. Ao seu carón estivo AciaFozCCA

A tenda focense Chuvia recolleu o premio ao Mellor comercio da túa vila no transcurso dunha gala celebrada no Pazo de San Marcos en Lugo. 

Recibiu o premio Cati Ramos, que estivo acompañada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo. O acto de entrega de premios contou coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e do presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas. 

Na campaña o Mellor comercio da túa vila da Federación Galega de Comercio tamén foron premiados clientes do comercio focense: Maruja Sante recibe unha tarxeta regalo por importe de 300 euros, por unha compra realizadas en Decoraciones Pura; Xosé Luis Moreda, obtivo un premio de 150 euros, tras facer unha compra en Celso Electrodomésticos; 150 euros recibe tamén Ana Pérez Chao, que fixo unha compra en Chinela Nenos; e Belén Vior, premiada con outra tarxeta de 150 euros, tras unha compra feita en Decoraciones Pura.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, felicita a todos os premiados e subliña “a importancia que teñen estas campañas para fidelizar clientela no comercio da nosa vila e polo respaldo que supoñen para a economía local”.