Terras de Lourenzá participará o 7 de maio na XIII Concentración de Asociacións de Sendeirismo de Galicia e Asturias, que se celebrará na Pontenova.

O 7 de maio Terras de Lourenzá acudirá á XIII Concentración de Asociacións de Sendeirismo de Galicia e Asturias, que se celebrará na Pontenova. 

Os asistentes poderán elixir entre dúas rutas, a que discorrerá polas Reigadas de 8,1 quilómetros; ou a da Seimeira, de 8,6 quilómetros. 

Ao rematar haberá comida a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e bebida. 

As persoas interesadas en acudir poden inscribirse antes dos oito da tarde do vindeiro 3 de maio nos teléfonos: 647 06 70 54 (Javi) ou 658 09 71 33 (Miguel). 

O prezo para os socios será de 10 euros e para os non socios de 15 euros. Desde Terras de Lourenzá lembran que se respectarán as medidas covid. A máscara será obrigatoria no bus. 

A saída será ás 8 da mañá desde o Cantón de Vilanova. 

Desde a asociación Terras de Lourenzá explican que “tal e como quedamos na última asemblea de socios, imos organizar dobre ruta nos meses que temos programadas findes de camiñatas, para aquelas persoas que se lles complica participar nas de varios días. Serán en datas diferentes para que, quen queira, poida ir ás dúas”.

E engaden: “así que, aí vai o cartel da ruta de maio dunha xornada, mentres rematamos de concretar o cartel das de fin de semana, que contamos publicar a próxima semana. Como aclaracións: propoñen dúas rutas, de diferente dificultade, que cada camiñante elixirá ao chegar á Pontenova. E o prezo é para custear o bus dende Lourenzá, xa que a comida que se degustará ao rematar as camiñatas, é gratuíta, xentileza dos organizadores da concentración”.