Trécola Producións representará en Celeiro (Viveiro) o 26 de xaneiro e na Pontenova o 28 "The Piccole Theatre".

A compañía Trécola Producións representará esta semana en Viveiro e A Pontenova a obra para público familiar “The Piccole Theatre”, dentro da programación cultural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A compañía estará o xoves no Salón de Actos do Porto de Celeiro (15.30 horas), coa colaboración da Asociación Cultural Proa, e o sábado na Pontenova (Casa da Cultura), da man da Asociación Eco das  Minas.

Sinopse da obra
Un pequeno teatro viaxa ao redor do mundo dentro dunha caixa de recordos. Un elenco formado por fabulosos artistas de rúa mostran os máis variados números: equilibrismos, maxia mentalista, malabares, música e como non.. dous grandes pallasos: Tontón e Totó Gluk. A maxia dos fíos destas marionetas learán nunha viaxe fascinante ao público, que se converte en gran protagonista, participando activamente durante todo o show.