Ubú Teatro Infantil presenta o 24 de outubro en Barreiros "O vixiante dos soños".

O Concello de Barreiros remata este domingo, 24 de outubro, a súa programación cultural BarreirosConvídate que levou diferentes actuacións ás distintas parroquias do concello.

Este domingo Ubú Teatro Infantil presentará O vixiante dos soños. Será no centro sociocultural de San Cosme ás 12:30 horas.

Esta actuación inclúese no programa Miúdos Seráns da Deputación Provincial de Lugo.