Últimos días para inscribirse na carreira e na andaina solidaria de Reis, que se celebrarán o 9 de xaneiro en Barreiros.

O Concello de Barreiros organiza para o domingo 9 de xaneiro a Carreira Popular Solidaria de Reis con categorías para menores e adultos así como unha andaina de 10 kms. que tamén terá carácter solidario. O prazo de inscrición para as dúas modalidades finaliza o día 6 de xaneiro ás 23:59 h.

A organización doará o 30% de cada inscrición da carreira así como a totalidade do recadado coas inscricións da andaina ao proxecto socioeducativo "Sinfónico no rural" da Fundación Xesús Bal y Gay que se está a levar a cabo estes meses en Barreiros. Un proxecto para achegar a música clásica e os instrumentos a calquera familia con independencia da capacidade adquisitiva ou da posibilidade desprazamento. 

Ás 10:30, no campo de fútbol O Cascabeiro, darase a saída da andaina. O percorrido circular de 10 km dá a posibilidade de deterse no km 5 xa que pasa a carón do punto de saída.

As categorías de menores; todas competitivas e con cronometraxe agás a categoría de pifufos/as (2017 e posteriores), comezan ás 11 h. con diferentes percorridos e distancias tamén no campo de fútbol.

A saída da proba absoluta terá lugar ás 12 h. no Cascabeiro e discorrerá por un circuíto de 7 km. nun entorno natural que fará as delicias das e dos participantes.

Para inscribirse así como ver toda a información, desde a páxina web www.maiskmsbarreiros.galou www.championchipnorte.com