A VI Foliada Nordestía celebrarase o 13 de abril en San Ciprián. Haberá cantos de taberna, un xantar popular, xogos infantís e un obradoiro de baile.

San Ciprián acollerá o 13 de abril a VI Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos.

A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros deste grupo.

O programa comezará ás 12:30 horas con Cantos de Taberna, ás 15:15 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos infantís e un obradoiro de baile.

Como broche de ouro da xornada, ás 21:30 dará comezo o Festival que contará coa actuación dos grupos A Rebolaxe, Son do Xabre, Os Carecos e A Compañía o Ruído; non faltarán os callos e a queimada.

O Concello de Cervo convida á veciñanza e ás persoas visitantes a gozar dunha xornada única na que a música, o baile e a diversión estarán garantizados.