Viveiro acolle o 10 de setembro unha marcha contra o cancro. O percorrido será de cinco quilómetros.

Viveiro acolle este domingo, 10 de setembro, ás 10:00 horas unha marcha en favor das persoas con cancro. Baixo o nome de ‘Viveiro en marcha contra o cancro’, o evento fai un chamado á veciñanza do municipio a colaborar na loita contra esta enfermidade.
 
A saída da marcha terá lugar na Fonte de Covas, dende onde os e as participantes percorrerán aproximadamente 5 quilómetros para chegar ata Celeiro.

A Asociación Española Contra el Cáncer en Lugo organiza este evento solidario contando coa colaboración do Concello de Viveiro e co patrocinio de Solán de Cabras.