Viveiro acollerá do 3 ao 7 de xullo un campus de verán de fútbol para nenas e nenos de 6 a 14 anos do Deportivo da Coruña.

O Concello de Viveiro e i Deportivo da Coruña presentaron hoxe o Campus de Verán 2023, que será do 3 ao 7 de xullo para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Ao acto de presentación asistiron a alcaldesa en funcións de Viveiro, María Loureiro; Pablo Barros, coordinador de actividades da Fundación do Deportivo da Coruña, e Francisco Vizoso, presidente do Viveiro SD.

Ademais dos adestramentos técnicos no campo municipal Marcos Gómez, os nenos e nenas participantes recibirán unha equipación do Deportivo, agasallos, merendas, diplomas, etc. Haberá outros xogos e unha festa de clausura.

Asistirán varios adestradores da canteira do Deportivo. Os nenos e nenas poderán asistir na próxima tempada a un partido do Dépor.

Os prezos oscilan entre os 105 e os 125 euros e a inscrición debe facerse a través de deporcampus.rcdeportivo.es