Viveiro Renace do 10 ao 13 de xullo. O Concello repartirá 660 euros en vales para gastar na hostalería local.

Este ano o Concello de Viveiro quere “conmemorar con ledicia a nosa feira renacentista. Aínda que non podemos celebrala como se merece pola pandemia do coronavirus, animámosvos a recuperar a esencia deste evento”.

Desde o Concello “queremos que entre os próximos días 10 e 13 os vistades co voso traxe renacentista para saír a pasear e facervos unha foto co hashtag #viveirorenace. Despois a enviades ao 676 877799 e podedes gañar vales para gastar na hostalería de Viveiro e unha cea+cocktail”.

E engaden: “repartiranse 660 euros en premios. Con esta iniciativa, desde o Concello de Viveiro, coa colaboración das dúas asociacións de hostalería, preténdese recuperar a esencia da feira renacentista e ademais, axudar a un dos sectores más afectados pola pandemia”.