Xa está aberto o prazo de inscrición para as clases de baile de salón organizadas polo Concello de Trabada.

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas que está aberto o prazo de inscrición para as clases de baile de salón. 

Serán os venres de 21:30 a 23:00, no polideportivo municipal de Sante. O prezo por persoa é de 20 euros mensuais. As inscricións poden tramitarse por teléfono no 982135011. 

A iniciativa está organizada polo Concello de Trabada e as clases están impartidas por Hover Cross.