Xa está á venda o Calendario Laranxa 2018. Pódese adquirir ao prezo de 3 euros nas oficinas do Pescados Rubén Burela FS.

O Calendario Laranxa 2018 xa está á venda. Seguindo o lema desta tempada, "O Voso Legado, A Nosa Historia", o almanaque fai un repaso polos momentos máis destacados da traxectoria da Familia Laranxa, con especial protagonismo para a afección.

Un ‘dream team’ histórico, alá por 2003, con Juan Palmeiro, Beto, Bruzos, Julio Delgado, Bruno Soriano, Betiño e Sabá dá a benvida a 2018, un ano que tamén lembra a gran simbiose do brasileiro Renatinho coa Bancada Laranxa, o premio para a Mellor Afección de Prata (2007-08), o ascenso feminino a Primeira (2008-09), a primeira Copa de España que acolleu Vista Alegre (2011), o dobrete das Campioas (2012-13), as grandes xestas de Copa de España para o equipo masculino en Cidade Real e Guadalaxara (2015 e 2016), así como o título de Supercopa 2015 e Liga 2015-16 para as pupilas de Lucas e Julio Delgado.

O almanaque do Pescados Rubén Burela FS, cos equipos sénior feminino e masculino nas súas portadas, volve incorporar a tradicional axenda ligueira de Primeira División RFEF e Segunda LNFS, ata finais de 2017-18, ademais dun póster central da estrutura de base. 

O calendario xa está dispoñible (3 euros) nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta); tamén poderá adquirirse no pavillón Vista Alegre mañá, no Trofeo do Nadal Mariñán 2017 de la Fundación Imdecum, e coincidindo coa volta das competicións de Primeira RFEF e Segunda LNFS, o sábado 13 xaneiro.

O Pescados Rubén Burela FS quere amosar o seu agradecemento aos establecementos, empresas e Concello colaboradores na realización do Calendario Laranxa 2018: Autos Llano, Viajes Halcón, Grupo A Chave de Ouro, Alain Afflelou Óptico, Concello de Burela, 3A Consultores, Limpezas Lema, Pescados Rubén, Autolav Galicia, Living Sport, Talleres Pomeda e Kessarys Joyeros.