Xa están á venda anticipada as entradas para a ópera Rigoletto, de Verdi, que se poderá ver en Burela o 8 de marzo.

Xa están á venta anticipada as entradas para a ópera Rigoletto, de Verdi, que se poderá ver en Burela o vindeiro 8 de marzo ás 19 horas na Casa da Cultura. 

A entradas poden adquirise desde onte, xoves, en ataquilla.com de 12 a 18 euros. As butacas son numeradas.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliñaba hai uns días que “neste caso a compañía segue sendo a mesma que en todas as ocasións anteriores, porque estamos contentos con eles e coa calidade que nos traen, e será Concertlírica que nos traerá Rigoletto, unha ópera de Verdi que é unha das grandes e máis coñecidas, tanto de el como doutros autores”.

Díaz explicou que “é unha ópera en tres actos. Vai haber dous descansos, un despois do primeiro acto e outro despois do segundo. O tempo total de ópera será arredor de cento cincuenta minutos”. 

Esta será a quinta ópera da que se goce en Burela nos últimos catro anos.