A XIV Ruta de Pinchos do Vicedo celébrase os días 19, 20, 26 e 27 de abril

Este venres e sábado, 19 e 20 de abril, e os seguintes, 26 e 27 de abril, entre as 20:00 e as 23:00 horas terá lugar a XIV Ruta de Pinchos do Vicedo. Os locais de restauración do concello poñerán á disposición do público unha serie de pinchos de elaboración propia ao prezo de 3,50 euros. Os comensais terán a posibilidade de puntuar en cada local o pincho correspondente e con cada papeleta entrarán a formar parte dun sorteo de dúas máquinas amasadoras de cociña.

Coas puntuacións obtidas en cada establecemento realizarase unha valoración para escoller o mellor pincho desta XIV Ruta de Pinchos. O premio para o local co mellor pincho e para os clientes afortunados coas dúas amasadoras será entregado na Casa da Cultura do Vicedo o luns 29 de abril as 19:00 horas.

Este primeiro fin de semana do venres 19 e sábado 20 participarán o Restaurante Area Grande, de San Román, co pincho “Vianda de egid”; e o Chiringuito da Abrela, en Suegos, con “Mariscada Abrela”.

O seguinte fin de semana, do venres 26 e sábado 27, participarán os locais do casco urbano: Mesón O Remo, con “Bocadito de bacalao”; Café bar San Esteban, con “Sandwich A Gaiteira”; La Bodeguita del Puerto con, “43º-55” (Peixe das Baixas de Elías)”; Cafetería da Casa da Cultura, con “Carrilleras a Mi Manera”; Café bar Santo Domingo, con “Calamares da Ría con arroz”; e Merendero Los Árboles, con “Secreto”.